ConcellosÚltima hora

O Orfeón Vianés pecha o programa de actos das Letras Galegas en Viana

Na tarde do sábado 25 de maio ofrecerá un concerto na Casa da Cultura no que estará acompañado polo Orfeón Caldelas
O Orfeón Vianés nunha actuación anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

Co III Concerto Coral “Letras Galegas” finalizará este sábado 25 de maio os actos para conmemorar a data do 17 de maio en Viana do Bolo. Esta actuación, promovida polo Orfeón Vianés, está prevista para ás 20h. na Casa da Cultura da vila.

O Orfeón Vianés estará acompañado polo Orfeón Caldelas. Cada unha das corais interpretará unha habaneira e cinco pezas galegas e, xuntas, cantarán “A Rianxeira” e o himno galego, xa como broche do acto.

 

Artigos relacionados

Back to top button