OurenseÚltima hora

O Ourense Envialia FSF, flamante campión da XXIII Copa de España de fútbol sala feminino

O equipo foi recibido polo presidente da Deputación Manuel Baltar no Pazo Provincial

Despois de gañar por 2-3 na prórroga ao Atlético de Madrid, o equipo de fútbol sala feminino Ourense Envialia FSF proclamábase campión da Copa de España. Unha das proezas polo que era recibido, na mañá do 12 de xuño polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e polo asesor de Deportes da Deputación no Pazo Provincial.

Na recepción, Baltar agradeceu ao club “facer campións a toda a provincia de Ourense” e recoñeceu “a dificultade que supón chegar a unha final, e aínda máis facerse co título”. Asemade, o presidente do goberno provincial destacou “o gran traballo, traxectoria e a ilusión de moitos anos que hai detrás desta vitoria”, asegurando que se A Volta que saíu por primeira vez na historia de Ourense, foi o evento deportivo máis destacado do ano 2016, “a vosa Copa será o feito máis importante deste 2017 no eido deportivo”.

As xogadoras estiveron acompañadas polo presidente do club, Camilo Díaz e polo seu equipo técnico durante a recepción a cal agradeceron “polo recoñecemento a todo o noso traballo e esforzo” sinalou a capitana do Ourense Envialia FSF, Marta Figueiredo.

Artigos relacionados

Back to top button