Obxectivo cumprido con creces. Na xornada do domingo 10 de maio o equipo xuvenil do Ourense Ontime FSF impoñíase ao Ribeira CF Sala por un 4-3 nunha apaixonante final do Campionato Galego de Fútbol Sala Feminino.
O equipo ourensán, no que milita a valdeorresa Vera Rodríguez, proclamábase así campión galego co pase á fase final do Campionato de España Xuvenil que xogará proximamente.
Como cabía esperar, tanto Vera como as súas compañeiras están encantadas co triunfo. “É un equipo ben novo e con moita proxección xa que aínda son cadetes de primeiro ano e competiron nunha categoría superior levándose un trofeo que aínda lles soubo máis a vitoria, reforzadas para facer fronte á final do campeonato de España de clubs na elite do fútbol sala femenino nacional”, aseguran dende o conxunto ourensán.
Fotos cedidas.