ConcellosÚltima hora

O outono trae de novo os Cantos de Taberna a Trives

A sexta edición desta iniciativa, promovida pola Asociación Cultural A Caniceira, celebrarase na vila o vindeiro 26 de novembro
A praza do Pilón será o punto de partida do roteiros dos Cantos de Taberna en Trives.
A praza do Pilón será o punto de partida do roteiros dos Cantos de Taberna en Trives.

O centro da vila e os locais de hostalaría triveses serán escenario en novembro dunha nova edición dos Cantos de Taberna. A organización, en mans da Asociación Cultural A Caniceira, xa está ultimando os detalles.

A cita está prevista para o 26 de novembro e comezará coa xuntanza dos grupos participantes ás sete da tarde na praza do Pilón. A partires de aí, principiarán un circuíto musical por unha ducia de “tabernas festeiras”: A Cantina do Catro, Ardora, Bodegón, Boliche, Cafeto, Casanova, Paiño, San Martín, Manolo’s, Quintela, Sky e Troula.

Os grupos interesados en participar nestes VI Cantos de Taberna de Trives poden contactar coa organización no correo electrónico a.caniceira@hotmail.com. O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de novembro.

Cartaz desta nova edición dos Cantos de Taberna.
Cartaz desta nova edición dos Cantos de Taberna.

Artigos relacionados

Back to top button