OurenseÚltima hora

O Pabellón Ourense CF recibirá unha subvención nominativa do Concello “en recoñecemento ao seu labor co deporte de base”

O alcalde, Gonzálo Pérez Jácome, considera que "este club comparte a miña filosofía: o deporte de base e formación é moito máis importante que o competitivo"

 

Na mañá deste mércores 2 de decembro, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibía á directiva do Pabellón Ourense CF, club deportivo que actualmente conta con 900 licenzas federativas, 300 rapaces e rapazas nas escolas deportivas e máis de 80 monitores e adestradores, segundo os datos facilitados polo Concello.

Os representantes do club, encabezados polo seu presidente, Francisco Doforno, expuxéronlle ao rexedor o seu proxecto deportivo a curto prazo, entre o que se inclúe a “asimilación doutros conxuntos da cidade, caso do Ourense de Fútbol Sala”. Pérez Jácome considera que este club comparte a súa filosofía sobre o deporte, “o deporte de base e formación é moito máis importante que o deporte competitivo”, polo que anuncia que o Concello fortalecerá o seu apoio económico ao club.

Actualmente, o Pabellón Ourense CF concorría ás subvencións competitivas; a partir de agora, “recibirá unha subvención nominativa”, explicaba o alcalde logo da reunión.

Artigos relacionados

Back to top button