DeportesÚltima hora

O Pádel Club Valdeorras disputará, por segundo ano consecutivo, o campionato galego en Ames (A Coruña)

 

Por segundo ano consecutivo o Pádel Club Valdeorras disputará o campionanto galego, esta fin de semana no Pádel Ames, preto de Santiago (A Coruña).

 

 

Ás 13:30 horas o equipo valdeorrés enfrontarase en semifinais ao Casino de A Coruña e no caso de gañar a final sería ás 17:30 horas. “Gañar supón volver participar por segundo ano consecutivo no campionato de España que se celebrará en novembro en Barcelona”, adiantan dende o Pádel Club Valdeorras que conta con moitas posibilidades.

 

 

Estas imaxes son de compoñentes do equipo que logrou o ascenso a segunda división galega do que forman parte Diego Vázquez, Jesús Núñez, Ángel Delgado, Adrián Delgado, Iván Guntiñas, Adrián Ramos, Daniel Álvarez, Mario Castro, David de La Calle, Brais Guitián, Manuel Álvarez, Alejandro Cela, Mario Castro, Marcos Iglesias, José Luis López e Jonatan Fernández.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button