Concellos

O parque comarcal de bombeiros e o servizo do GES Valdeorras están hoxe pechados

O GES Valdeorras nunha imaxe da arquivo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na xornada deste sábado 3 de agosto, unha das máis complicadas do verán pola cantidade de actividades que hai e a xente que se espera, en plenas festas da Rúa e ante a Festa das Covas de Vilamartín, o parque comarcal de bombeiros permanece pechado así como o servizo do GES Valdeorras “por falta de persoal”.

 

 

“En 24 horas non hai ningún servizo de emerxencias para toda Valdeorras”, alertan preocupados dende o GES. En canto aos bombeiros, ademais do da Rúa están pechados os parques de Ribeira, Viveiro e Ordes. O máis cercano a Valdeorras está a 84 km “co cal para un incendio nun piso con rescate por fachada tardaríamos 1h15m. en chegar”, aseguran.

Ante esta situación, recoméndase extremar as precacións para non ter que lamentar danos persoais.

 

Artigos relacionados

Back to top button