CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O “partido dos nenos” do CD Barco será o domingo 16 de marzo e terá zona de inchábeis xigantes

O club barquense repartirá máis de 5.000 entradas gratis para o encontro co Cultural Areas

 

Baixo o lema “O noso futuro é a túa ilusión” o CD Barco lanza unha nova edición da campaña para acercar o fútbol aos máis pequenos.

 

 

Así o chamado “partido dos nenos”, será o domingo 16 de marzo ás 17 horas entre o CD Barco e o CD Cultural Areas, para o cal “convidamos a todos os nenos da comarca de Valdeorras e outros puntos como Viana, Manzaneda, Trives, Puente de Domingo Flórez e Quiroga”, dixo o presidente do club, Nilo Ramos, na presentación, avanzando que este ano como novidade e “grazas á colaboración do Concello do Barco, do CCA e dos nosos patrocinadores, teremos unha zona de castelos inchábeis xigantes gratis coa entrada, ademais dos sorteos (camisetas do Real Madrid, do Villareal, do Celta, do CD Barco,…) que facemos cada ano e un agasallo que se lle dará a cada neno coa entrada”.

 

 

Nesta ocasión contan cunhas 7.000 entradas que os propios xogadores e directivos repartirán polos colexios, ademais das tendas do Barco vencelladas co deporte. Cada entrada é unha invitación para un neno e dous adultos.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button