CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O pasado e o presente do CD Trives reunirase en xuño no campo de fútbol do Agro

O club trivés xunto con algúns ex xogadores propoñen facer unha xuntanza de veteranos co plantel actual e antigos, presidentes e adestradores

 

Unha vez que A Pobra de Trives conte co seu propio campo de herba artificial, o actual campo de fútbol do Agro pasará a un segundo plano, por iso, a modo de despedida, o CD Trives e algúns ex xogadores (a idea partía de Diego Sarabia e Sergio del Prado), acordaban que “sería unha boa idea facer unha reunión de veteranos xunto co plantel actual e antigos xogadores, presidentes, adestradores, etc…”

A idea é celebrala no propio campo de fútbol no mes de xuño, incluíndo un xantar e algún partido para amenizar a xornada e “pasar un gran día”, din dende a iniciativa, esperando xuntar a un bo número de afeccionados do pasado e do presente do CD Trives.

O actual club fundábase no verán de 1979 pero o primeiro equipo federado que xogou no campo do Agro foi o Clube Náutico, que militou na Terceira Rexional nas tempadas 1977/79 e 1978/79, polo que foron moitas as persoas que pasaron polo seu céspede. Na galería de imaxes podemos ver algúns dos xogadores e directivos que pasaron polo club ao longo destes máis de corenta anos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button