
A volta ciclista O Gran Camiño cuxa primeira etaba arrancaba esta mañá dende a Muralla de Lugo, chegará a Valdeorras na tarde do sábado 25 de febreiro, na terceira etapa, afectando á circulación nos diferentes concellos polos que pase.
No que atinxe ao do Barco de Valdeorras desde as tres da tarde e ata as cinco aproximadamente afectará a toda a travesía, “desde Viloira ata o polígono no que é a primeira pasada e media hora ou corenta e cinco minutos despois virán outra vez por Viloira, Catro Camiños e Avenida do Bierzo”, explica o xefe da Policía Local, Fernando Lozano.
El mesmo adianta que colocaron sinalización e terán axentes en todos as cruces de semáforos. “Tamén puxemos varios avisos de que non se vai poder entrar nin saír porque o corte será total desde que a Garda Civil pase coa bandeira vermella. Tentaremos que non haxa nada de circulación”.
Segundo a previsión, o pase máis rápido será sobre as catro “pero o horario é moi relativo nestas probas polo que durante dúas horas e media é probable que estea todo cortado”, asegura Lozado.