EspeciaisÚltima hora

O patrón dos municipais

A procesión centrará a festa de S. Mauro, o 15 de xaneiro no Barco
Procesión de San Mauro do pasado ano.
Procesión de San Mauro do pasado ano.

Segundo conta a tradición, San Mauro foi discípulo de San Benito, enviado a Francia no ano 543 para fundar mosteiros. Gobernou moitos anos o convento que el mesmo fundara ata que en 582 retirouse á clausura onde morreu dous anos despois o 15 de xaneiro, data na que se conmemora a súa honomástica. Unha festa que no Barco de Valdeorras se celebra con especial devoción, por ser o patrón da Policía Local e santo que dá nome á igrexa ubicada en pleno casco antigo.

Por iso o mércores 15 de xaneiro de 2014 as rúas desa parte do pobo, vestiranse de gala para acoller os actos nos que á parte dos devotos da localidade e da bisbarra, participarán os municipais barquenses. Por esas rúas pasará a procesión encabezada pola imaxe de San Mauro, levada a ombros polos policías vestidos de gala. Prevese que saia en torno ás 13h. para atravesar a praza Maior e as rúas Real e San Mauro.

Unha vez completado o percorrido, xa de volta na igrexa, o párroco, Tomás Rodríguez Carbajo, será o encargado de oficiar a eucaristía na honra deste santo, sobre o que xirará a homilia. A ela sumaranse tamén os membros da corporación municipal barquense que cada ano participan nos festexos na honra do que nun tempo, fora o patrón da vila.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button