OurenseÚltima hora

O Pavillón dos Remedios de Ourense reabrirá o luns co 30% de aforo

A piscina de 50 metros estará reservada de 17 a 20 horas para as entidades deportivas e as actividades dirixidas comezarán o 8 de marzo

Entrada do Pavillón dos Remedios.

 

O Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios de Ourense volverá abrir as súas portas a partir do vindeiro luns, 1 de marzo, adaptando o seu aforo ao 30% tanto para o interior da instalación como para cada un dos espazos deportivos. O complexo municipal reabrirá no seu horario habitual e non será preciso sacar cita previa, salvo nas actividades dirixidas. Con respecto á piscina de 50 metros Rosario Dueñas estará reservada de 17 a 20 horas, para uso exclusivo das entidades deportivas. As actividades dirixidas comezarán o día 8 de marzo de 2021.

Os usuarios que queiran facer uso das instalacións terán que activar as súas tarxetas a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes, ou a través do enderezo de correo electrónico: info@deportesourense.com.

O protocolo de uso das instalacións, neste novo período de apertura, pódese consultar na páxina web do Concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button