DeportesÚltima hora

O Pazo do Castro (O Barco), será o centro de operacións da “Volta a Valdeorras MTB 2020”

A "Godello Bike Rice" celebrarase os días 10 e 11 de outubro seguindo un estrito protocolo Covid, por parellas e en dúas etapas

Fachada principal do Pazo do Castro. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con ilusión, pero tamén moita precaución e baixo un estrito protocolo Covid-19, se celebrará en outubro a “Volta a Valdeorras MTB 2020 – Godello Bike Rice”, que terá a base de operacións no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco).

Ese será o punto de partida e meta desta proba por etapas de categoría nacional, que se realiza dentro das normas e o protocolo da Federación Galega de Ciclismo, prevista para os días 10 e 11 do vindeiro mes de outubro.

Segundo o regulamento, a proba será por parellas (masculino, mixto e feminino) en formato maratón (XCM) e ambas etapas contrareloxo, con saídas escalonadas cada 20 segundos, cunha separación de 1,5 metros entre os membros da parella e de 3 metros como mínimo coa parella que lles precede. As etapas serán de 15 km e un desnivel de 500+ e 65 km e un desnivel de 1900+ respectivamente.

 

 

Debido ao protocolo Covid, o evento está limitado a 200 participantes e tanto o briefing como as reunións de equipo serán virtuais.

Tal como avanzan dende a organización, o Pazo do Castro non só ofrecerá o seu servizo completo de habitacións e sera o punto de saída e meta das dúas etapas, senón que acollerá a zona de entrega de dorsais, de prensa e do podio. “Un luxo de “parque pechado” no que no faltará de nada para os participantes e que dará un plus de seguridade e comodidade ao evento”. Esperemos que a situación sanitaria non obrigue a suspendelo.

Artigos relacionados

Back to top button