Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Peña Trevinca Barco remata a tempada de O-pé e Sprint subindo ao podio en Mesoiro (A Coruña)

Mailén Aller no terceiro chanzo do podio./ Foto cedida.

 

Co 1º Trofeo Gallaecia de Orientación celebrado o sábado 28 de outubro nas proximidades do barrio de Mesoiro, na Coruña, poñíase fin á tempada 2023 para a modalidades de O-pé e de Sprint.

Nun día onde a “choiva e o vento dificultou a progresión de todos os participantes asistentes”, en palabras do responsable de orientación do Peña Trevinca Barco, o club valdeorrés participaba con parte de “A Escuelita” de pequenos orientadores, que “demostraron ser capaces de soportar as inclemencias do tempo e dar o mellor de cada un”, asegura orgulloso Pablo Aller.

 

Mailén, Brais e Martina coa bandeira do Club Peña Trevinca Barco./ Foto cedida.

 

Con respecto aos resultados na suma das dúas carreiras, Martina Aller obtiña un 5º posto, Brais Rodríguez un 4º e Mailén Aller subíase ao terceiro caixón do podio.

A orientación culmina o día 26 de novembro coa entrega de premios das distintas ligas 2023 e coa realización do Campionato Galego de substitucións na vila de Porto do Son.

Artigos relacionados

Back to top button