Na tarde noite do sábado 11 de maio celebrábase na rúa Academia Dequidt unha nova edición da Pasarela de Moda, organizada polo Centro Comercial Aberto O Barco, na que unha vintena de establecementos vencellados ao sector téxtil amosaban as súas propostas para a tempada primavera/ verán.
E entre os participantes, estaba tamén o Periódico O Sil, que leva anos apoiando esta iniciativa, desfilando da man de Miranda X que abría o terceiro pase do desfile coas súas coloridas e elegantes propostas para home para muller que poden verse no seguinte vídeo.