EconomíaEconomíaÚltima hora

O Pillabán de Fontei (A Rúa) abre a tempada musical

Este venres 14 de abril a partires das 22:30h. actuará o cantautor urbano Nacho Martínez
A banda pontevedresa Black Ice Twice.

A Casa Rural-Restaurante O Pillabán de Fontei (A Rúa), abre o vindeiro 14 de abril (Venres Santo) a tempada musical, cunha axenda “na que imos dar espazo a algunhas das mellores bandas e intérpretes da escena galega”, aseguran dende o establecemento hostaleiro.

A primeira cita será este venres, a partires das 22:30h. coa actuación do cantautor urbano Nacho Martínez, máis coñecido como o “Sabina Callejero”. O venres 28 de abril, tamén a partires das 22:30h. tocaralle o turno ao grupo pontevedrés Black Ice Twice, banda de nova formación procedente da Illa de Arousa que “traslada o son Manchester a un directo poderoso, cheo de funk e rock”, explican dende o Pillabán.

A última cita do mes será gastronómica, o domingo 30 de abril a partires das 12:30h. con paella e vermú amenizado polos DJ’s da casa.

 

Cartel da axenda musical do Pillabán de Fontei.

Artigos relacionados

Back to top button