AutomobilismoDeportesÚltima hora

O piloto barquense Leo Pérez ficha por ALC Motorsport e correrá en febreiro nun europeo

O piloto barquense de karting Leo Pérez.

 

Cunha moi boa noticia remata o ano 2021 o piloto barquense de karting Leo Pérez Pereira, que vén de fichar por ALC Motorsport, que leva a marca Kosmic Kart. A súa primeira carreira con ela terá lugar en febreiro, sempre en cando non haxa cambios pola situación sanitaria. Será o Winter Cup, dentro do campionato de Europa Rotax Max que se desenvolverá do 18 ao 21 de febreiro no circuíto internacional de karting de Campillos en Málaga.

Será, polo tanto, unha proba a nivel europeo na que o barquense competirá na categoría micro. Os campións de cada unha das categorías clasificaranse para representar a España no mundial, polo que constitúe toda unha oportunidade para este xove piloto. “Estamos moi contentos”, destaca Julio Pérez, pai de Leo, “Kosmic Kart é a actual campioa do mundo na categoría OKJ”.

Leo Pérez continuará o vindeiro ano cos seus patrocinadores actuais, aos que agradece o seu apoio, e tamén seguirá buscando novos patrocinadores de cara á vindeira tempada.

 

Artigos relacionados

Back to top button