AutomobilismoDeportesÚltima hora

O piloto Leo Pérez, no nacional de Karting de Recas (Toledo)

 

A fortuna non acompañaba a Leo Pérez Pereira na proba do Campionato de España de Karting que se disputaba nesta fin de semana no circuíto de Karting Correcaminos, en Recas (Toledo). O piloto valdeorrés, que compite co Equipo ALC_Motorsport Kosmic Kart e conta co patronicio de Karts Francis, quedaba moi lonxe no podio.

Na primeira carreira clasificatoria do sábado outro kart tocábano e botábano fora e acabou no 25. Pero a situación repetíase na segunda clasificatoria, na que xa non puido volver a reincorporarse. Iso supuxo que na carreira deste domingo 12 de setembro tivese que saír dende a 28 posición, “e cando xa lle estaban facendo a volta de formación para saír non lle ía o motor, non daba arrancado e tivo que arrancar último. Na primeira carreira quedou de 17 e na segunda, xa na final, saíu na posición 17 e aí xa pouco puido remontar”, comenta o pai do piloto, Julio Pérez.

A pesar diso, Julio Pérez destaca que o importante é “seguir aprendendo e mellorando”. A Leo Pérez réstalle só unha carreira para completar o nacional de karting deste ano 2021, será en outubro en Chiva (Valencia).

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button