DeportesÚltima hora

O piragüista valdeorrés Adrián Prada, campión galego sénior en K4 nos 3.000 m

 

Cun podio enceta a tempada o padexeiro sénior Adrián Prada Pérez. Este valdeorrés, que viste as cores do Club Piragüismo Rías Baixas Boiro, competía este sábado no campionato galego sénior de K-4, celebrado no encoro Verducido, onde se proclamaba campión galego nesta categoría.

 

 

Adrián Prada, que é adestrado por Michael, compartía barco con Miguel Ordóñez, Pedro Silva e Joaquín Iglesias. O seu K-4 completaba os 3.000 metros da proba nun tempo de 00:10:43,74. Este resultado aportáballe 70 puntos ao seu club, que lograba ademais o primeiro posto no campionato sénior masculino.

Fotos: Amanda e Lucía.

 

Artigos relacionados

Back to top button