DeportesPiraguismoÚltima hora

O piragüista valdeorrés Adrián Prada, cuarto no europeo de maratón en K1 sénior

 

O padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez rozaba o podio no Campionato de Europa de Maratón sénior, que se desenvolvía na derradeira semana de xuño na cidade de Pitesti (Romanía). Alí competía o día 27 en K1 sénior, nunha cita de elevado nivel na que finalmente clasificábase cuarto, cun rexistro de 02:10:48.98. O título da competición era para o danés Mads Pedersen (02:07:15.95), que entraba en meta seguido do noruegués Jon Vold e do tamén danés Philip Knudsen.

 

 

Prada conseguía ademais o mellor resultado español na cita, xa que o seu compañeiro no equipo nacional, Brais Sánchez, quedaba oitavo.

Fotos cedidas.

 

 

 

Back to top button