Nova competición e novo podio para o padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez, do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro. Nesta fin de semana, en concreto no sábado 21 de febreiro, acodía ao Campionato galego sénior de inverno de 5.000 m, que se celebraba no encoro de Castrelo de Miño.
O barquense facíase co subcampionato nun apretadísimo sprint co seu compañeiro de club Joaquín Iglesias, quen finalmente se levaba Joaquín por tan só 58 centésimas, ao entrar en meta cun tempo de 00:20:53,70. Deste xeito, Prada lograba a prata nesta cita galega, cun rexistro de 00:20:54,28.
Dase ademais a circunstancia de que Adrián Prada e Joaquín Iglesias son os únicos padexeiros que soben ao poido nos tres campionatos de inverno disputados no que vai tempada (K1-K2-K4). Tamén cabe destacar que o terceiro clasificado sénior, o húngaro Adrian Boros (fichado polo Club Breogán do Grove) posúe 23 metais en campionatos de Europa e do Mundo de maratón, o que dá idea do nivel da competición.

Neste galego tamén participaba o irmán de Adrián, Raúl Prada, quen na súa regata en Sub23 tivo un toque cun rival que o xiraba completamente e o facía perder contacto cos grupos de adiante. Aínda así lograba clasificarse no posto 20 da clasificación xeral da súa categoría.
Fotos: loispradaf.
