OurenseÚltima hora

O Pleno aproba retirarlle as competencias ao concelleiro de Economía por perder fondos europeos

Na sesión plenaria do Concello de Ourense tamén rexeitaron a proposta Socialista de voltar ao proxecto de 2011 de Norman Foster para a Intermodal
Proxecto incial da Estación Intermodal de Norman Foster.

O Concello de Ourense celebrou hoxe, 2 de xuño, o seu Pleno Ordinario correspondente a o mes en vixencia. O máis salientable desta sesión plenaria municipal foi o apoio unánime da oposición á moción presentada polo grupo de Ourense en Común, liderado por Martiño Xosé Vázquez, na que se insta ao Goberno da cidade “a retirada da delegación de competencias do concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar” debido a que Ourense fose a única cidade galega que quedou excluída das Estratexias de Desenvolvmento Urbano Sustentable Integrado (Edusi).

O Pleno pediu responsabilidades ao Goberno de Jesús Vázquez debido a esa perda de case 15 millóns de euros que deberían servir para levar a cabo a “Estratexia Conecta Ourense”, un proxecto promovido pola Deputación para mellorar os servizos da área metropolitana. Toda a oposición (Ourense en Común, Democracia Ourensana e PSdeG-PSOE) foron os que pediron esa “retirada de competencias” a Pumar por ser el o único responsable de perder eses fondos europeos. Nun principio, Ourense en Común pedira a dimisión de Jorge Pumar, pero a súa proposta non foi respaldada por ningún dos grupos da cámara.

Ante esta petición, o Goberno do Concello defendeu a xestión do seu concelleiro e reiteraron que o proxecto “está en marcha no proceso de alegacións”. Así, esperan que se poidan subsanar as deficiencias para a próxima convocatoria. Neste senso, o vociero de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, cualificou esta perda de fondos como un exemplo da “ineptitude da xestión destas axudas ás que se presentaron unha vintena de concellos”, asemade, preguntoulle ao concelleiro “a que vai dedicar agora todo o seu tempo libre agora que lle van ser retiradas as súas funcións? gustaríame sabelo”.

Na mesma liña, o grupo socialista, en concreto o seu voceiro José Ángel Vázquez Barquero, pedíu responsabilidades. Finalmente, o aludido, Jorge Pumar, defendeuse alegando que “o partido non rematou” xa que hai unha nova convocatoria.

Intermodal de Foster

Outra das mocións que cabe salientar no pleno desta mañá foi a presentada polo Partido Socialista, na que se instaba ao Goberno Municipal a que voltase ao proxecto iniciar da Estación Intermodal, proposto en 2011. Esta proposta foi rexeitada pola Cámara Municipal cos dez votos en contra por parte do grupo popular e a abstención de Democracia Ourensana (7 votos) e Ourense en Común (3 votos).

Para defender a súa proposta, José Ángel Vázquez Barquero, cualificou o actual proxecto de “apeadeiro” que non garante unha “verdadeira intermodalidade nin a cohesión dos barrios da Ponte e do 21”, alegou. Por este motivo queren volver aos proxecto de 2011 “porque nós estamos en contra dos pelotazos inmobiliarios que hai detrás deste proxecto”, alegou Barquero.

Pola súa banda, Martiño Xosé Vázquez, voceiro de Ourense en Común (OUeC), avalou a súa intervención cun informe do Colexio de Arquitectos no que especificaba “que non existe intermodalidade algunha” neste novo proxecto. En canto a Democracia Ourensana, que o único proxecto viable é que que se enterren as vías garantir “a permeabilidade”, dixo Jácome, e a reordenación da cidade.

Dende o grupo popular, José Cudeiro asegurou que este proxecto “non é máis caro ca o proposto no ano 2011”, como aseguraron en reiteradas ocasións dende a oposición. E asegurou que o incial contaba con innumerables irregularidades.

Artigos relacionados

Back to top button