ConcellosQuirogaÚltima hora

O pleno de Quiroga aproba unha suba dun 9% no recibo trimestral do lixo, auga e rede de sumidoiros

Exterior do Concello de Quiroga./ Cedida.

 

A Corporación Municipal de Quiroga celebraba este mediodía unha sesión plenaria extraordinaria na que se aprobaba cos votos a favor do Partido Popular e os votos en contra do BNG e do PSdeG a proposta da alcaldía para a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas polos servizos de: Recollida, tratamento e eliminación de lixo-ecotaxa; Abastecemento de auga e Rede de sumidoiros.

O incremento destas tres taxas que se pagan conxuntamente no recibo trimestral do Concello do Quiroga será algo superior ao 9%, que aplicado a un recibo dunha familia media de catro membros supoñerá unha subida trimestral de pouco máis de 3 €, segundo informa o goberno local. Como matizou o alcalde, Julio Álvarez, o que os veciños terán que desembolsar “será sobre un euro máis ao mes”, que desglosado sería un incremento da ecotaxa de 0´42€, da auga de 0´20€, 0´18€ de incremento no lixo e de 0´002€ de incremento na rede de sumidoiros. No recibo da auga tamén vai incluída a taxa do Canon, que non se incrementa.

Así mesmo o rexedor Julio Álvarez (PP), supeditou este incremento á gran subida da luz e dos carburantes. En só os tres meses do verán– recalcou- o gasto en luz para o bombeo da auga supúxolle ao Concello 12.000 € máis e o gasoil 19.000 €. “Para que os veciños se fagan unha idea”, matizou, “o bombeo da auga custoulle ás arcas municipais 31.000 € e o esforzo que se lles pide é o incremento dun euro mensual de media (dependendo do consumo)”.

Artigos relacionados

Back to top button