Entre os asuntos que a Corporación de San Xoán de Río, que preside o independente Xosé Miguel Pérez, analizará na sesión plenaria do vindeiro xoves 3 de outubro ás 13h. figura a súa entrada no Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Así decidirase se se inician ou non os trámites para que este municipio entre no citado organismo turístico.
Outro dos puntos que figuran na orde do día deste pleno é do nomeamento do representante deste Concello na Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei.