A VeigaConcellosÚltima horaVídeos

O pobo de Riomao (A Veiga) celebra o San Antón

 

Polas rúas de Riomao (A Veiga) volvía saír en procesión este 17 de xuño a imaxe de San Antón de Padua, o seus patrón, xunto coa Virxe. Despois, a veciñanza asistía á misa. Malia que durante o ano son moi poucos os veciños residentes nesta localidade, nesta xornada eran numerosas as persoas que se reunían aquí e que logo compartían xantares en familia.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button