DeportesEn portadaFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O póster do Rúa Valdeorras FSF, co número de abril de O Sil Deportivo

 

No mes de setembro de 2011 botaba a andar o equipo de fútbol feminino vencellado ao C.D. Rúa. Era unha aposta arriscada defendida con garra por un grupo de mozas que soñaban con xogar e xente que as apoiaba pero non resultaba doado de manter.

Pasou o tempo e mudaron as circunstancias. Pasaron por diferentes etapas cambiando o céspede polo parqué e incluso desapareceu durante dous anos. Así e todo o equipo feminino de fútbol sala Rúa Valdeorras C.F. regresaba no 2019 e tras o parón provocado pola pandemia no ano 2021 volvían con forza á competición, facendo unha tempada que as deixaba ás portas do ascenso. Un ascenso á Preferente autonómica que lograban neste 2023, tras unha impecable campaña, con 12 impresionantes vitorias noutros tantos partidos e como flamantes campioas de liga.

 

 

Agora, o equipo está inmerso na loita pola Copa Deputación, trofeo que xa lograba o ano pasado, e para celebrar esta fantástica campaña, o Periódico O Sil editaba un póster conmemorativo a toda cor, dispoñible en quioscos e librarías xunto ao número de de abril de O SIL Deportivo. Non quedes sen el!

 

Artigos relacionados

Back to top button