Mesturando toques de blues, funk e soul, Ganzer ten un directo único, diferente cada vez. E así o comprobaba o público que na noite do xoves 12 de febreiro asistía ao concerto que daba no Café Teatro Bajo 5, no Barco de Valdeorras.
A banda de rock psicodélico noruega afincada en Granada transportou aos asistentes á gloriosa época de finais do anos 60 e principios dos 70 cando se gravaron as obras máis clásicas de blues e rock psicodélico que tantas inluencias deixaron na música.
O de Gazner era o segundo concerto do ciclo que o local abría o pasado día 8 da man de Distance Sisters. O sábado día 15 actuará Virginia Maestro en sesión vermú.
Fotos cedidas.