
A través do seu concelleiro en Vilamartín José Pinto, o PP vén de presentar o 25 de setembro unha petición por rexistro de entrada no Concello de Vilamartín para que a alcaldía e o equipo de goberno municipal, “antes de facer o orzamento ou de finalizar o ano, teña en conta a posibilidade de baixar o IBI (Imposto sobre Bens Inmobles)”.
No escrito tamén se explica que o PP vilamartinés considera que “o 0,80 que se está aplicando actualmente pódese baixar 0,65 dado o aumento que supón a subida catastral, a cal estaría sobre 72.000 euros máis ao ano. Polo tanto, o tipo do 0,65 sería o máis idóneo, xa que se recaudarían 7.400 euros menos con respecto ao ano 2018”.
Os populares entenden que “esta diferenza pódese asumir con outras partidas. Polo tanto, dende o grupo popular consideramos que os 0,15 puntos mencionados suporían un aforro importante para os veciños”, polo que piden que se teña en conta a súa petición.