Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O prazo para anotarse na II Andaina da Santa Compaña (Vilamartín), que xa ten 100 inscritos, remata o 6 de maio

Cedida.

 

Ata o 6 de maio será posible anotarse para participar na II Andaina da Santa Compaña, unha ruta temática nocturna que se celebrar no municipio de Vilamartín o vindeiro 9 de maio. Polo de agora xa se inscribiron máis de cen persoas, segundo confirma a organización desta cita deportiva.

Ten un percorrido de 10,5 km e o seu punto de partida, como na anterior edición, será o Castelo de Arnado ás 21h. Despois seguirá ata Correxais e, dende alí, regresará ao punto de partida, onde haberá unha festa con petiscos e viños de Valdeorras para os andaríns.

As persoas interesadas poden realizar as súas inscricións de forma online en sportmaniacs.com ou ben, de forma presencial, en Foot on Mars no Barco, Fimar en Vilamartín ou en Cool Balea na Rúa. O custo da inscrición é de 12 euros para os 100 primeiros en anotarse e de 15 euros para os seguintes.

 

Back to top button