EconomíaEconomíaÚltima hora

O prazo de inscrición no “Concurso Gourmet Grupo Cuevas” de Xantar estará aberto ata o 18 de outubro

O certame ábrese a nenos afeccionados á cociña de entre 9 e 14 anos e mantense unha categoría Sénior na que poderán participar adultos tanto profesionais como afeccionados

 

O Grupo Cuevas abandeira un ano máis o Concurso Gourmet que este ano celebra xa a súa 12ª edición e que se celebra no marco de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar en Expourense entre o 24 e o 27 de outubro de 2024.

O obxectivo deste concurso é promover o uso da castaña en todo tipo de pratos, tanto nas receitas máis tradicionais como en receitas experimentais ou innovadoras e a principal novidade desta edición será a inclusión dunha Categoría Junior na que poderán participar nenos e nenas de entre 9 e 14 anos afeccionados á cociña. Os que sexan seleccionados como finalistas poderán estar acompañados por adulto durante o showcooking. A final júnior celebrarase o sábado 26 de outubro ás 19h.

A outra Categoría a concurso será a Sénior na que poderá participar calquera persoa maior de 18 anos sexa profesional ou afeccionada á cociña. A participación pode ser a título individual ou representando a unha asociación, escola ou colectivo. Así mesmo, a participación, pode ser individual ou en grupo (máximo tres persoas por candidatura). Os finalistas nesta categoría deberán presentar as súas receitas o xoves 24 de outubro en Xantar a partir das 19:30h.

O prazo de recepción de receitas conclúe o xoves 18 de outubro e os finalistas elaborarán os seus pratos en directo #ante un xurado profesional. A entrega de premios terá lugar, como é habitual, durante o acto oficial de clausura de Xantar o día 27 de outubro.

 

 

Os participantes interesados poderán presentar a súa solicitude dirixíndose a Expourense, no teléfono: 988 366 030 ou a través do mail marketing@expourense.org. Poden consultarse as bases ao completo en
www.xantar.org.

Para a valoración das receitas teranse en conta a presentación, a aplicación da castaña ao prato, a dificultade de elaboración, o gusto e o aroma e a orixinalidade e creatividade. Estas receitas elaboraranse en directo na aula Gastronómica Grupo Cuevas de Xantar 2024.

Os gañadores desta edición poderán gozar de premios en forma de vales de compra que poderán trocar nos supermercados Plenus, Aquié ou nos centros Cuevas Cash de toda Galicia.

Premios concurso Grupo Cuevas

A gañadora da última edición do Concurso Gourmet Grupo Cuevas, celebrado durante Xantar 2023, foi Beatriz Alcalá, da cafetería “A Zapatería do Avó” de Ourense. A súa receita chamábase “Canta castaña” e era, segundo describiu a chef, “unha crema de cabaza, con stick de masa de empanada, paté de castaña (Cuevas), emulsión de Sabel e castaña confeitada (Cuevas) culmina cunha hojita de tomiño limonero Iara dar sabor a monte, nesta tapa tan ourensá polos seus sabores tan da terra e tan de interior”.

Artigos relacionados

Back to top button