DeportesÚltima hora

O prazo de matrícula para os cursos online da Federación Galega de Caza remata o 23 de setembro

A FGC aposta pola formación para practicar unha caza segura: “O cazador formado é a mellor arma para a súa seguridade e a dos seus compañeiros”

 

Este venres 23 de setembro remata o prazo de matrícula para os cursos de caza que a FGC imparte a través da aula virtual da Escola de Caza.

A matrícula é gratuíta e aberta a calquera interesado en formase na xestión dunha entidade deportiva e na seguridade na caza e primeiros auxilios. Os cursos estarán dispoñibles no campus virtual da FGC desde o día 3 ata o día 28 de outubro (a proba de avaliación poderá realizarse entre o 24 e o 28 de outubro). Durante este período os alumnos poderán conectarse á formación nas datas e horarios que máis se acomoden ás súas necesidades.

A formación de responsables de sociedades de caza abordará a xestión interna e administrativa á que teñen que facer fronte no seu día a día os directivos destas asociacións a través de 17 temas que capacitarán ao alumno na lexislación, régime documental, régime económico, financeiro, patrimonial e fiscal e na comunicación interna e externa da asociación. Como novidad nesta edición incorpóranse dous novos temas, un sobre o certificado dixital e outro sobre a protección de datos de carácter persoal á que están obrigadas as sociedades de caza.

O curso de prevención da sinistralidade e seguridade na práctica cinexética ten por obxecto formar aos responsables de cacería e aos cazadores en xeral na prevención e seguridade durante a práctica da caza, así como instruílos nos primeiros auxilios para que, de darse o caso, poidan auxiliar a un compañeiro ou outro cazador enfermo ou lesionado. O curso consta de 18 temas, nos que se formará aos alumnos na lexislación cinexética, na manipulación e consumo de carne de caza de maneira segura, no uso das novas tecnoloxías como ferramenta de seguridade na caza, nos primeiros auxilios, e principalmente na seguridade no desenvolvimento das cacerías colectivas, desde o seu inicio ata a súa finalización, que é obxectivo principal do curso pola preocupación que xera na FGC, precisamente, a seguridade dos cazadores galegos. Nesta ocasión, tamén se impartirán dous novos temas, un sobre armas e outro sobre a xestión dos residuos de caza.

Ambos os cursos están dirixidos a directivos e responsables de cacería das sociedades de caza, pero tamén a xestores cinexéticos, gardería, administrativos e cazadores en xeral, interesados na xestión interna, administrativa e documental das entidades cinexéticas e na formación en materia de seguridade na práctica cinexética e primeiros auxilios.

Artigos relacionados

Back to top button