Co eco do Entroido 2023 aínda resoando, a Asociación Cultural Folión Os Viticultores vén de abrir o prazo para novas incorporacións.
Así, todos os interesados en formar parte do colectivo terá ata o 1 de maio para facelo, poñéndose en contacto con calquera membro da asociación ou a través do Facebook.
Dende Os Viticultores adiantan que dispoñen de bombo ou aixada así como uniforme “en forma de préstamo para o primeiro ano”.