Tralo éxito da primeira edición, o Concello da Rúa volve convocar o Concurso de Decoración ‘Nadal nas Rúas’ dirixido a toda a veciñanza cos principais obxectivos de “dinamizar a participación activa da cidadanía na actividade local; colaborar en infundir un ambiente festivo e decorativo baseado en valores como o traballo en común ou a cooperación; dar protagonismo activo á cidadanía e aos diferentes colectivos como fonte do desenvolvemento e intervención comunitarios na localidade; ou fomentar o uso de materiais reciclables e reciclados como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo”, entre outros.
Igual que o ano pasado, constará de catro categorías: Comercios e Hostalaría (A); Xanelas e Balcóns (B); Casas (C); e Premio Especial para a comunidade de veciños, colexio, rúa ou praza (C), podendo realizarse as inscricións ata o venres 20 de decembro.
Segundo as bases, os elementos decorativos presentados a concurso deberán permanecer colocados, como mínimo dende o venres 20 de decembro ata o luns 6 de xaneiro de 2025 (ambas datas incluídas). “Se non se cumpre a devandita condición desestimarase a participación da asociación, colectivo ou particular que incumprise salvo causas maiores que serán valoradas no Xurado”.
O xoves 8 de xaneiro darase a coñecer o fallo “inapelable” do xurado que elixirá ás/aos gañadores de cada categoría do concurso. O resultado será publicado na páxina oficial do Concello da Rúa así como nas RRSS do Concello (Facebook, X e Instagram) e se comunicará persoalmente a cada participante premiado. A entrega de premios realizarase na Casa do Concello o venres 10 de xaneiro na hora que se determine polo Concello.
Os premios serán:
CATEGORIA A:
1º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma.
2º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATAGORÍA B:
1º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
2º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATAGORÍA C:
1º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
2º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATEGORÍA D:
Un único premio de cesta de produtos do comercio da Rúa valorada en 250 € e diploma.
As bases completas do concurso pódense consultar no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica e tamén na web do Concello.