CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O prazo para participar nos VI Cantos de Taberna de Quiroga estará aberto ata o 13 de marzo

Cantos de Taberna en Quiroga nunha edición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Volven a Quiroga os Cantos de Taberna. Esta recuperación da música tradicional celebrarase o sábado 18 de marzo e ata o vindeiro luns, día 13 permanecerá  aberto o prazo para que os grupos interesados realicen a súa inscrición. A deste ano, a VI edición, preséntase con varias novidades.

Para que se leve a cabo esta actividade precísase un mínimo de seis grupos musicais e que cada grupo conte cun mínimo de cinco integrantes -a falta de catro días para o peche das inscricións son 5 os grupos inscritos-. Outra das novidades será que se entregarán 150 € a cada grupo participantes para que gasten nos establecementos aos que acudan, os establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

 

 

En cantos ás bases non hai novidades. Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes –  para darlles o itinerario do recorrido, a actuación en cada establecemento roldará a media hora e rematarase sobre a media noite cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona dos pubs.

10 establecementos hostaleiros da vila participan nesta edición dos Cantos de Taberna. Os grupos interesados en participar poderán facelo a través do teléfono da Casa da Cultura o  982.43.51.25.

Artigos relacionados

Back to top button