OurenseÚltima hora

O presidente da Deputación de Ourense inicia a rolda de contactos con alcaldes da provincia

Luis Menor mantiña esta mañá unha rolda de encontros cos rexedores de Trasmiras, Allariz, Os Blancos, Gomesende, Parada do Sil, San Cristovo de Cea e Castrelo de Miño

O presidente da Deputación de Ourense recibindo ao alcalde de Castrelo de Miño./ Cedida.

 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, vén de iniciar unha rolda de contactos cos alcaldes da provincia, co fin de escoitar as súas propostas e necesidades, ademais de explicarlles persoalmente as novas liñas estratéxicas que marcarán a xestión da institución provincial.

Luis Menor recibiu no Pazo Provincial aos alcaldes de Trasmiras, Emilio Pazos; Allariz, Cristina Cid; Os Blancos, José Manuel Castro; Gomesende, Pura Rodríguez; Parada de Sil, Aquilino Domínguez; San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e Castrelo de Miño, Avelino Pazos.

 

Luis Menor co alcalde de Parada de Sil./ Cedida.

 

Os encontros cos rexedores ourensáns continuarán nas próximas semanas para analizar polo miúdo os proxectos nos que está colaborando a Deputación e as necesidades dos concellos, co fin de articular mecanismos eficaces de cooperación institucional.

Esta rolda de contactos complementa o programa de visitas que vén realizando Luis Menor a distintos puntos da provincia, no marco dun dos seus eixos de traballo que pasa por ter unha presenza continua no territorio.

Artigos relacionados

Back to top button