CulturaCulturaÚltima hora

O presidente da Deputación mantén un encontro cos impulsores da Fundación F. Delgado Gurriarán

 

Entre os encontros que esta mañá mantiña en Valdeorras o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, figuraba unha reunión cos impulsores da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, tamén na Casa Grande de Viloira (O Barco), na que tamén participaba a deputada delegada especial para Valdeorras, María Carmen, González. No seu decurso repasaban a súa actividade, dende os seus inicios, “estanse constituíndo agora como fundación propiamente dita dende o punto de vista xurídico e parece que culminará neste mes ese proceso administrativo”, explicaba Menor.

Ademais aseguraba que os impulsores desta función lle plantexaron “toda unha serie de actividades que evidentemente concordan en boa medida co que é espírito da Deputación. E, nese senso falamos de recuperación dos nosos costumes, de apoio ao mundo rural, e involucrar aos máis pequenos nese mundo rural, e apoiar por suposto a cultura e resaltar a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Entón, nós dende a Deputación imos estudar, co maior cariño, a colaboración coa fundación porque nos parece que o papel que debería desenvolver na comarca é importante e merece o apoio desta institución provincial, ademais entendemos que é un proxecto transversal que pode afectar a toda Valdeorras”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button