DeportesÚltima hora

O presidente da Federación Galega de Baloncesto visita Valdeorras

Francisco Martín reuníuse co alcalde do Barco e co presidente do club Feminino Sil Baloncesto
José Luis Gómez, do M.V. Barco; Alfredo García, alcalde do Barco; Francisco Martín, presidente da FGB; e María José Varela, delegada en Ourense. /Foto: Mónica G. Bellver.

O vindeiro domingo 21 de maio, O Barco de Valdeorras acollerá a clausura da competición Baby Básket Galego, un evento da Federación Galega de Baloncesto na que se darán cita centos de cativos de toda Galicicia que se están iniciando neste deporte.

Dúas semanas antes da cita lúdica-deportiva, o presidente da federación Francisco Martín Micó, acompañado pola delegada e Ourense, María José Varela, achegábase ata a comarca de Valdeorras para manter unha reunión co alcalde do Barco Alfredo García. Os directivos da FGB estiveron acompañados por José Luis Gómez, presidente do Club Feminino Sil Baloncesto (M.V Barco) o único de todo o oriente ourensán, que ten equipos competindo en practicamente todas as categorías (incluíndo baby básket), sendo a base a súa principal aposta.

Artigos relacionados

Back to top button