En portadaÚltima hora

O presidente da Xunta visita a central hidroeléctrica Santiago Sil-Xares de Iberdrola, en Vilamartín

 

Na mañá deste venres 31 de xaneiro o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitaba a central hidroeléctrica de Santiago Sil-Xares, de Iberdrola, situada en Vilamartín de Valdeorrase, cuxas instalacións contan cunha capacidade de almacenamento de 3.000 megawatts hora (MWh).

Na súa visita, estivo acompañado polo CEO de Iberdrola España, Mario Ruiz-Tagle, e o CEO de Iberdrola Renovables Enerxía, Julio Castro. Os representantes de Iberdrola explicaron a Rueda o funcionamento da central, facendo fincapé no “innovador sistema para maximizar a capacidade de bombeo”.

 

 

Tal e como indican dende a compañía “Iberdrola é a única compañía que dispón desta tecnoloxía en Galicia, con máis de 350 MW instalados en Ourense”. O impacto socioeconómico da eléctrica, con máis de 200 empregados na rexión, alcanzou os 411 millóns de euros en 2023, un 11,5% superior ao de 2022, incluíndo os investimentos, os salarios, a contribución fiscal e os pagos a provedores. A eléctrica realizou compras e contratacións de servizos a 241 provedores galegos por 183 millóns euros en 2023.

 

 

O titular do Goberno galego, que asistía acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou o potencial co que conta Galicia á hora de producir enerxías renovables e aposta por aproveitalo dun xeito sustentable. Durante a visita á central que Iberdrola ten en activo desde 1969,  apuntou que “Galicia leva moito tempo traballando pola transición verde con sentidiño, dun xeito sustentable”.

Para o presidente, “este é o camiño a seguir, da man das empresas e dos concellos, co fin de constatar os beneficios económicos e sociais da produción enerxética grazas a proxectos respectuosos co medio ambiente que xeran emprego e axudan a vertebrar o territorio”.

 

Artigos relacionados

Back to top button