CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O presidente do CD Barco, delegado de ProLiga en Galicia, no congreso da asociación de clubs non profesionais, en Madrid

Nilo Ramos estivo acompañado polo vicepresidente do club barquense, Carlos Vidal, na Cidade do Fútbol das Rozas

 

Na mañá do sábado 14 de novembro, a sede da Real Federación Española Fútbol (RFEF), na Cidade do Fútbol das Rozas (Madrid), albergaba por primeira vez na historia o Congreso de ProLiga, a asociación que engloba aos clubs españois de fútbol non profesional, á que o presidente da Federación, Rafael Louzán, cualificou como “o motor e o soporte fundamental do fútbol no noso país, ao que vos dou a benvida a la que é a vosa casa”.

O presidente da RFEF deu os parabéns así ao grupo directivo da asociación presidida por David Jiménez, xunto á que “xa non hai marcha atrás no camiño da colaboración, de poder sentarnos na mesma mesa porque esta casa quere sempre o mellor para os clubs”.

 

 

Durante a súa intervención Rafael Louzán relatou como “a RFEF destinou preto de 100 millóns de euros en axudas aos clubs españois non profesionais e este ano volverémolo facer cun aumento porque cremos que os recursos que xera o fútbol deben reverter no fútbol”, dixo, desexando aos asistentes “que nos sintamos nesta Cidade do Fútbol como unha gran familia”.

Os modelos de xestión, o papel da Intelixencia Artificial, as mesas de diálogo con participación de diferentes responsables executivos da RFEF e a entrega de recoñecementos ocuparon o tempo deste V Congreso de ProLiga, que contou con dous representantes do CD Barco, o presidente Daniel Ramos, como delegado da asociación en Galicia; e Carlos Vidal en calidade de vicepresidente do club barquense.

 

 

O congreso, que serviu para establecer contacto entre os diferentes clubs de 1ª, 2ª e 3ª RFEF, contaba tamén coa asistencia de dous referentes mundiais, os técnicos Vicente del Bosque e Javier Lozano, ambos campións do mundo.

A valoración do encontro por parte do presidente do CD Barco, que acudía por primeira vez como delegado de ProLiga, é moi boa. “Logrouse un convenio doa Federación e o que se pretende é que os clubs acudan á asociación ante calquera problema ou necesidade de asesoramento porque conta cun departamento xurídico, entre outros moitos servizos”, di Nilo, contento coa evolución da asociación que conta xa con máis de 300 asociados.

Fotos cedidas.

Back to top button