ConcellosÚltima hora

O presidente do Colexio de Xeólogos visitará o Xeoparque Montañas do Courel esta fin de semana

O presidente do Colexio de Xeólogos, Manuel Regueiro./ Foto cedida.

 

O xeólogo Manuel Regueiro, presidente do Colexio Oficial de Geólogos, xefe de Relacións Externas e Comunicación do Instituto Geolóxico e Mineiro de España e membro fundador da ONG Geólogos del Mundo, visitará Quiroga esta fin de semana. Acompañado do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e de técnicos municipais recorrerá diversos puntos do Xeoparque Montañas do Courel.

Este especialista en rocas e minerais industriais ten unha especial deferencia polo noso municipio posto que foi quen lle entregou ao alcalde de Quiroga o premio que lle outorgou o Colexio de Geólogos de España pola súa difusión da xeoloxía e participou no acto de inauguración da ampliación do Museo Xeolóxico en agosto do 2020.

Regueiro, ademais, está a escribir unha novela sobre Quiroga. Precisamente, documentarse sobre esta novela é un dos motivos da visita que fará o xeólogo esta fin de semana ao Xeoparque e a súa capitalidade.

Artigos relacionados

Back to top button