DeportesÚltima hora

O programa EsquiOu aumenta ata as 840 as prazas para esquiar na Estación de Montaña Manzaneda

Esquí en Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Deputación de Ourense, en colaboración coa Estación de Montaña de Manzaneda, amplía o número de prazas dispoñibles no programa EsquiOU 2024 cunha nova quenda a desenvolver entre os días 11 e 13 de marzo para 105 nenas e nenos, atendendo así a altísima demanda de participación rexistrada nos concellos da provincia.

Así, o programa deportivo de inverno ofertará un total de 840 prazas para menores nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2015. Serán oito quendas con 105 prazas cada unha e cun prezo de 29 euros.

O obxectivo principal do programa é que os nenos e nenas da provincia aprendan a esquiar, pero tamén terán a oportunidade de realizar diferentes actividades lúdico-deportivas como tiro con arco, sendeirismo ou natación.

A duración da estancia é de tres días e dúas noites, sempre de luns a mércores e inclúe aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e demais actividades complementarias. O programa desenvolverase por quendas nas que se fai un reparto dos nenos por proximidade xeográfica para lograr grupos máis homoxéneos.

Artigos relacionados

Back to top button