CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O programa “Heroes contra o coronavirus”, nos centros escolares de Valdeorras e Viana

Remataron os obradoiros nos colexios da Rúa, Vilariño de Conso, Viana, A Veiga e O Bolo

Amosando como lavar correctamente as mans.

 

Comezando pola Rúa e rematando no Bolo. A enfermeira de pediatría do Centro de Saúde da Rúa impartía os obradoiros da campaña educativa “Heroes contra o coronavirus” en oito centros escolares da comarca de Valdeorras e Viana.

Os primeiros en participar no programa promovido pola Xerencia de Xestión Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, eran os alumnos do CEIP Manuel Respino da Rúa, que recibían unha clase práctica sobre como poñer e quitar correctamente a mascarilla ou como lavar as mans (con xabón ou con xel hidroalcohólico), actos sinxelos pero claves para evitar o contaxio e propagación do coronavirus. Despois tocaríalle o turno ao IES Cosme López cun obradoiro de expertos con todos os cursos da ESO e Bacharelato; e por último ao colexio Pablo VI-Fátima, con obradoiros dende Infantil ata ESO, os tres no municipio da Rúa.

En Viana do Bolo, a enfermeira visitou o CEIP Bibei cun obradoiro en Infantil e outro en Primaria; e tamén o IES Carlos Casares, onde seleccionaron dous alumnos de cada clase para despois “ser eles xunto co titor, os encargados de expoñer o obradoiro na clase”, puntualiza Manoli.

O percorrido pola parte máis occidental da comarca remataba coa visita ao CEIP Vilariño de Conso, ao CEIP do Bolo e ao CEIP Eduardo Ávila Bustillo da Veiga. Dos centros da parte do Barco, Rubiá e Carballeda encargouse outra profesional sanitaria.

 

Obradoiro no IES Cosme López da Rúa (ESO e Bacharelato)

 

Obradoiros no CEIP Bibei de Viana do Bolo (Infantil e Primaria)

 

Obradoiros no IES Carlos Casares e Viana do Bolo 

 

Obradoiros no CEIP Vilariño de Conso (Infantil e Primaria)

 

Obradoiro no CEIP Eduardo Ávila Bustillo da Veiga (Infantil)

 

Obradoiro no CEIP Eduardo Ávila Bustillo da Veiga (Primaria)

 

Obradoiros no CEIP do Bolo (Infantil e Primaria)

Fotos cedidas

Máis información e fotos dos obradoiros no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, no seguinte enlace: https://osil.info/a-campana-heroes-contra-o-coronavirus-recala-no-colexio-pablo-vi-fatima-da-rua/

Artigos relacionados

Back to top button