CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O proxecto de Jonas (IES Lauro Olmo), 3º na categoría de Peiteados e Estética no Campionato Galego de FP

 

Non ganou pero o resultado e a experiencia resultaron tan bos que xa está pensando en volver a presentarse dentro de dous anos.  Jonas Micael Cruz da Rocha, alumno de Ciclo de FP Básico de Peiteados e Estética no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, foi un dos participantes no VII Campionato Galego de Formación Profesional de Galicia, GaliciaSkills 2023, celebrado a pasada semana en Silleda, onde lograba un meritorio 3º posto, por detrás de dúas alumnas de Ciclo Medio, co cal o orgullo de todo o centro en xeral e do seu titor en particular é máximo.

 

Jonas Micael Cruz da Rocha.

 

“Pásanse moitos nervios porque é unha competición moi dura pero fixo un gran traballo polo que estamos moi contentos. As rapazas que lograron as medallas de Ouro e Prata xa terminaron o Ciclo Medio de Perruquería mentres que Jonas cursa segundo de FP Básica co cal teñen moita máis experiencia, formación e práctica, así que estamos moi moi orgullosos”, asegura Manuel Graña.

 

Unha das probas de Jonas.

 

Tanto é así que Jonas quere volver presentarse outra vez sí que “temos por diante dous anos para prepararnos e como el ten ganas e eu tamén, volveremos a ver se entón ganamos”, di Manuel, destacando o bo ambiente da competición. “Crearon moi bo equipo entre os competidores, leváronse moi ben, axudándose e apoiandose uns a outros, algo que tamén é moi importante”, recoñece.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button