ConcellosÚltima hora

O proxecto europeo Life Regenera Limia investirá máis de 2 millóns nesta comarca

O seu principal obxectivo é facer compatible a actividade gandeira co bo estado das masas de agua desta zona ourensá
Sinatura do protocolo para o proxecto "Life Regenera Limia".
Sinatura do protocolo para o proxecto “Life Regenera Limia”.

O Concello de Xinzo de Limia acollía na mañá do 24 de setembro o acto de sinatura do protocolo “Life Rexenera Limia”, cuxa finalidade é implantar un conxunto de técnicas demostrativas para reducir a contaminación agrogandeira nas masas de auga da comarca da Limia.

Os traballos deste proxecto, cun orzamento superior aos 2 millóns de euros e que ten sido aprobado pola Comisión Europea en abril, iniciábanse en xullo para demostrar que é posible unha mellor xestión ambiental dos terreos agrarios, tanto no que se refire á xestión dos fertilizantes como ás augas residuais procedentes de xurros de porcino, que poden ser tratadas con tecnoloxías brandas para o medio ambiente.

Este protocolo foi asinado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; a directora xeral de Conservación da Naturaleza da Xunta de Galicia, Verónica Tellado; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e polos
representantes de las empresas Coren, Ecolagunas y Gas Natural, Emilio Rial, Manuel Arturo Fernández e Manuel Menéndez, respectivamente.

O proxecto, que estará coordinado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, desenvolverase ao longo de tres anos e o seu programa de traballo incluirá 26 accións.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button