
Entre os puntos que se abordarán na vindeira sesión plenaria da Corporación barquense, prevista para o 9 de abril, figura unha moción presentada polo partido socialista “para avanzar na incorporaación da perspectiva de xénero nas políticas de saúde e mellorar a atención á saúde das mulleres de Galicia”.
Segundo sinalan os socialistas no texto da iniciativa, “Galicia non pode quedar atrás neste proceso. Resulta necesario reforzar a investigación, mellorar a análise dos datos sanitarios, impulsar a formación do persoal sanitario, desenvolver estratexias específicas que aborden de maneira integral os principais retos da saúde das mulleres”.
Por iso, continúa a moción, “as administracións públicas deben actuar de maneira coordinada. Mentres que os concellos poden contribuír dende o ámbito da prevención, da información e da promoción da saúde con accións de información e sensibilización sobre a saúde das mulleres, o desenvolvemento de actividades de educación para a saúde con enfoque de xénero e colaborando co sistema sanitario e co tecido social na promoción da saúde das mulleres”.
Neste senso, a moción conclúe sometendo á votación da Corporación o seguinte acordo:
