Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima horaVídeos

O PSdeG-PSOE da Rúa presenta a súa candidatura para “ser útil aos veciños e veciñas do noso concello”

Luis Fernández Gudiña volve encabezar a lista coa que os socialistas concorrerán ás eleccións do 28M

 

Na tarde deste luns 7 de maio era o partido socialista quen presentaba, na súa sede sita na rúa Miguel de Cervantes, a candidatura coa que concorrerá ás eleccións do 28 de maio no Concello da Rúa. Unha candidatura que tal como explicou o cabeza de lista, Luis Fernández Gudiña, está formada por quince persoas, 8 homes e 7 mulleres, coa peculiaridade de que “nos 5 primeiros postos o 60% son mulleres e o 40% homes”.

 

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE da Rúa, Luis F. Gudiña.

 

Unha lista “con xente de practicamente todos os núcleos de poboación do concello, o que nos dá unha visión global da situación do municipio e permitiranos, nun futuro, coñecer a problemática de cada unha desas zonas para poder darlle resposta canto antes”, dixo Luis. Cunha renovación do 25%, conxuga a experiencia que ter gobernado xa no concello e ter estado na oposición, coa incorporación de xente nova que “dará ese zume novo para emprender este camiño con máis ilusión se cabe”, asegurou o candidato socialista á alcaldía da Rúa.

 

 

“Sempre A Rúa” será, tal como explicou Fernández Gudiña, o slogan da súa candidatura “porque dende logo o noso obxectivo prioritario será ser útil aos veciños e veciñas da Rúa e para nós, ser útil significa atender á xente, escoitar, saber cales son os seus problemas e tratar de resolver as súas necesidades canto antes”.

 

 

Acompañado por boa parte dos compañeiros cos que concorrerá aos comicios do 8M co obxectivo de conseguir o mellor resultado posible, Luis asegurou que a súa candidatura preséntase “con máis ilusión e ganas que nunca e co convencemento de que os veciños e veciñas da Rúa saberán aprezar a seriedade e fiabilidade da nosa proposta e nos concederán a responsabilidade de gobernar os vindeiros catro anos”.

 

 

Proximamente darán a coñecer o seu programa electoral que “nace fundamentalmente das reunións que tivemos nos meses de marzo e abril coas distintas asociacións de veciños, culturais e deportivas e que se desenvolverá en torno a seis grandes bloques”, concluía Fernández Gudiña.

CANDIDATURA:

  1. Luis Fernández Gudiña
  2. Ana Fernández Vizcaya
  3. M. Carmen Álvarez Fernández
  4. Verónica Martínez Salví
  5. Francisco J. Sánchez Fernández
  6. José Rodríguez Gómez
  7. Rita Lorenzo Barrio
  8. Gema Fernández Vizcaya
  9. Víctor Nogueira Menéndez
  10. Carlos Aristegui Diéguez
  11. José Manuel Cebey Rodríguez

SUPLENTES:

  1. Elio Rodríguez Taín
  2. Cristina Fernández Santás
  3. Vera Prada Fernández
  4. Antonio Pedreira Sago

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button