PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE de Valdeorras manifesta a súa “solidariedade coas traballadoras e traballadores da empresa Irosa-Samaca”

 

Desde a Coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE de Valdeorras súmanse ás manifestacións de apoio e “solidariedade coas traballadoras e traballadores da empresa Irosa-Samaca ante a situación de peche e paralización da empresa causada por unha resolución xudicial”.

Aseguran respectar “as decisións xudiciais”, pero consideran que “unha cuestión que ten que ver cun litixio relativo á propiedade privada dos terreos, non pode privar aos traballadores dun dereito fundamental, recollido na Constitución Española, como é o dereito ao traballo”.

Dende a Coordinadora socialista manteñen que independentemente do proceso xudicial en marcha, “ten que haber mecanismos para que a actividade laboral non se paralice e que os empregados e empregadas poidan seguir exercendo a súa actividade laboral”.

No comunicado que veñen de emitir aseguran que “os empregados e empregadas non son os responsables da situación xerada” e que cada día de peche “supón un incumprimento das obrigas empresariais como o pago a provedores, entrega de pedidos aos clientes, cumprimento das obrigas tributarias e, sobre todo, o pago de nóminas do persoal”, algo que a todas luces “pon en grave perigo a continuidade dos case 300 postos de traballo directos e outros tantos indirectos, así como a subsistencia das familias, que deberían ser a prioridade neste conflito”.

“Apoio institucional da Deputación de Ourense para os traballadores de Irosa-Samaca”

 

Comisión de Administración, Transparencia e Emerxencia da Deputación de Ourense.

 

No marco da reunión da Comisión de Administración, Transparencia e Emerxencia da Deputación de Ourense celebrada hoxe, Aurentino Alonso Araujo, deputado do PSdeG-PSOE pola comarca de Valdeorras, instou á adopción dunha declaración institucional de apoio aos case que 300 traballadores da pizarreira tralo peche xudicial da empresa. “Debemos manifestar a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores da empresa Irosa-Samaca perante a situación de peche e paralización da actividade precipitada por unha resolución xudicial”, destacou Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button