En portadaPolíticaÚltima hora

O PSdG obten tres deputados por Ourense, o que deixa fóra do Parlamento a Eduardo Ojea

O partido socialista posiciónase como terceira forza política na provincia en votos e empata en escanos co BNG

Eduardo Ojea (dereita) na sede do PSdG, no Barco.

 

O partido socialista amplía o seu resultado na provincia de Ourense e consegue 3 deputados no Parlamento de Galicia, o que supón un máis con respecto ás eleccións autonómicas do ano 2016. O PSdG queda como terceira forza política en votos pero empata en escanos co Bloque Nacionalista Galego, que se posiciona como segunda forza.

Eduardo Ojea, político barquense e número catro pola lista provincial, non conseguiu o seu escano e queda fóra do Pazo do Hórreo. En declaracións tomadas na sede do partido socialista no Barco de Valdeorras, Ojea afirmou que os resultados eran os “previsibles” pero que aumentar a representación na provincia foi un feito positivo. “O número catro era moi difícil, o terceiro era posible”, sinalou.

 

Ojea fronte a sede do partido.

 

Comentando os resultados xerais, que mostran unha nova maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo e o sorpasso do BNG aos socialistas, Ojea destacou que “o PSdG é un partido gañador, que en Galicia tiña 14 deputados e agora acadou 15”. Sí quixo facer autocrítica e afirmou que o PSdG “ten que mirar de plantexar outros camiños” xa que “non foi capaz de recuperar os votos de En Marea, que os levou todos o BNG”.

No tocante aos resultados no concello do Barco, o socialista destacou que “no ano 2016 o PSdG acadou o 24,1% dos votos e agora chegamos a 25,3% así que conseguimos manter os resultados a pesar dunha baixada na participación” de 4,99 puntos.

 

O político barquense xunto co concelleiro de Comercio e Turismo, Eladio Santos, e o concelleiro de medio rural, Jesús Jares.

Artigos relacionados

Back to top button