En portadaÚltima hora

O punto de cribado de acceso libre do Hospital de Valdeorras manterase a próxima semana

O mesmo sucederá co do Hospital de Verín e co do Espazo Xove de Expourense. Ademais realizaranse cribados comarcais en 11 concelos da provincia

 

En menos de 24 horas practicamente se esgotaban as 2.700 prazas de autoinscrición nos cribados comarcais programados en once concellos da provincia de Ourense (entre eles Viana do Bolo e A Pobra de Trives) na vindeira semana, tal e como se vén de informar dende a Consellería de Sanidade. Ademais na próxima semana tamén se manterán abertos (de luns a venres) os tres puntos de acceso libre nos hospitais públicos de Valdeorras e Verín e no Espazo Xove de Expourense.

“A demanda foi especialmente intensa para participar nas tres xornadas de cribado programadas en Xinzo de Limia, que se agotaron en apenas unhas horas, seguidas das de O Carballiño, Celanova e Allariz, ata sumar 1.500 prazas, esgotadas nunhas horas. Neste intre tan só permanece aberta a inscrición en Coles, Maceda, Viana do Bolo e Castro Caldelas”, tal e como informa Sanidade.

Desde a Área Sanitaria analizaranse os resultados dos cribados e a evolución epidemioloxica das comarcas para decidir ampliación ou continuidade.

Artigos relacionados

Back to top button