
Coa chegada do outono, a TVG estrea serie. Mañá, xoves 6 de outubro arranca “Augasquentes”, unha comedia que se desenvolve nunha vila de ficción galega, que conta con coñecidos actores como Javier Veiga ou María Vázquez. Xunto e eles, formando parte do elenco, o humorista Alberte Montes (orixinario de Quiroga, Lugo e residente en Barcelona) encarnará ao avogado “Quique” que aparecerá no capítulo 6. Tal como explican dende Hermanager Producións “foron dous meses de rodaxe (xuño e xullo) en Compostela e Cuntis, meses de moito traballo pero moi enriquecedores”.
Ao longo da súa traxectoria, Montes ten participando en películas como “El Olivo” de Icíar Bollaín (2015) ou “REC 4: Apocalipsis” de Jaume Balagueró (2014), entre outras, pero en “Augasquentes” interpretará o seu primeiro papel importante e con continuidade nunha ficción televisiva, compartindo traballo con actores da talla de Morris, Miguel de Lira, Isabel Risco, David Amor, Javier Veiga, Marcos Pereiro, etc